A Comunidade Educativa do CEIP Vila de Rutis quere adicarlle unha homenaxe aos protagonistas do colexio que, como non podía ser doutra maneira, son os nenos e nenas. Nestas circunstancias especiais, temos que buscar algo positivo en todo o que está pasando, empezando por disfrutar máis dos que temos ao noso lado. Aproveitade para falar moito, xogar cos nenos e nenas, deixarlles participar nas tarefas diarias... e cando esto remate, non esquezamos que nós tamén puxemos un pouco da nosa parte QUEDÁNDONOS NA CASA. PARA TODOS OS NENOS E NENAS As mestras e mestres do CEIP Vila de Rutis queremos recordarvos que, a pesares de estar lonxe, témosvos moi presentes. E con este vídeo queremos recordarvos o moito que vos queremos, que vos botamos de menos e, por suposto, que cando poidamos voltaremos con forza, ganas e moita ilusión. Todo chega, todo sairá ben, pero mentres, pedímosvos que quededes na casa coma nós EU QUEDO NA CASA E TI?