O noso agradecemento ás familias porque, entre todos e todas, fixemos posible que o alumnado deste centro seguira realizando tarefas durante o confinamento e estivera en contacto co seu profesorado. Vémonos en setembro! Este curso tan estraño chegou ao seu fin e vai permanecer sempre no noso recordo. O CEIP Vila de Rutis quere felicitar ao alumnado e ás familias pola súa responsabilidade e polo seu traballo desde a casa. O confinamento serviunos para botarnos de menos, desexar vir ao cole, e para valorar máis a necesidade de vir ás aulas e compartir xuntos e xuntas moitas emocións e ensinanzas. Queremos animarvos a mirar cara adiante e, sen esquecer o vivido, teñamos a esperanza de que en setembro estaremos xuntos de novo. Bo verán!!